A pretemporada do RC Celta 2019/20 arrincou este luns na Madroa nunha sesión a porta aberta que atraeu a un bo número de afeccionados celestes. A ilusión e a enerxía estiveron moi presentes neste primeiro adestramento, no que participaron 26 futbolistas. Tras esta primeira semana de traballo, o equipo concentrarase na Toxa para continuar coa preparación de cara ao primeiro partido amigable ante o Lugo (sábado 21, Baltar).
| Luns | 09:00 | A Madroa | Porta aberta |
| Martes | 09:00 e 18:30 | A Madroa | Porta pechada |
| Mércores | 09:00 | A Madroa | Porta pechada |
| Xoves | 09:00 | A Madroa | Porta pechada |
| Venres | 09:00 e 18:30 | A Madroa | Porta pechada |
| Sábado | 09:00 | A Madroa | Porta pechada |
| Domingo | 19:30 | Traslado a A Toxa |