zarra-iago-aspas-2018.jpg
Primeiro Equipo

Iago Aspas xa ten nas súas mans o seu segundo Trofeo Zarra consecutivo

RC Celta

O diario MARCA e LaLiga celebraron este luns os gala Premios MARCA 2018 na que se entregaron os galardóns individuais da pasada campaña en Primeira División, entre eles o Trofeo Zarra ao máximo goleador español do campionato.

Con vinte e dúas dianas marcadas en LaLiga 17/18, Iago Aspas foi o futbolista que mereceu este recoñecemento e, aínda que non puido estar no evento de entrega polo seu compromiso coa Selección Española, enviou unha mensaxe gravada nos días previos na Madroa: «Grazas aos meus compañeiros e ao RC Celta por axudarme a conseguir o Zarra por segundo ano consecutivo. Seguirei loitando para tentar coller a Messi».

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas