Os seleccionadores nacionais da Absoulta e a Sub-21 española, Julen Lopetegui e Albert Celades, anunciaron este venres as súas convocatorias, nas que incluíron a dous xogadores e canteiráns do RC Celta.
Iago Aspas consolídase na selección de Lopetegui coa súa cuarta convocatoria consecutiva. O de Moaña foi chamado de cara aos próximos partidos de España ante Italia e Liechetenstein, clasificatorios para o Mundial 2018. A gran novidade da xornada deuse na relación de xogadores convocados pola Sub-21, na que destaca o nome do porteiro celeste Iván Villar. Esta supón a primeira convocatoria para o novo gardameta galego, que se concentrará co combinado español para afrontar un amigable ante Italia e un partido clasificatorio ao Europeo Sub-21 de 2019 ante Estonia.