Iago Aspas forma parte da lista confeccionada polo seleccionador nacional Luis Enrique para o amigable ante Gales (11 de outubro, Cardiff) e o partido da UEFA Nations League ante Inglaterra (15 de outubro, Sevilla). O dianteiro galego acumula dez convocatorias coa Selección Española.
Na lista anunciada por Luís Enrique destacan outros dous canteiráns celestes, o valencianista Rodrigo Moreno e Jonny Otto, xogador do Atlético de Madrid cedido esta tempada ao Wolverhampton inglés.