O canteirán celeste Iago Aspas regresa á Selección Española. O seleccionador nacional, Julen Lopetegui, anunciou este venres a lista de xogadores que afrontarán o partido de clasificación ao Mundial 2018 ante Israel e un amigables ante Francia.
O de Moaña debutou con ‘a Vermella’ o pasado mes de outubro nun Inglaterra-España no que brillou. Aspas entrou tras o descanso en substitución de Mata e revolucionou un partido que o combinado español perdía 2-0 e que terminaría empatando con goles do propio futbolista galego e de Isco.