O canteirán celeste Iago Aspas aínda está en proceso de asimilar o ocorrido nas últimas horas. O moañés recibiu a última hora da mañá deste xoves a chamada da Seleción Española para viaxar de inmediato a Madrid e sumarse á concentración do equipo adestrado por Julen Lopetegui: “É un soño cumprido dun rapaz que ha mamado todo neste club e que se deixou a súa vida por el. Estou agradecido ao club e espero que sirva de exemplo para os nenos na Madroa”, asegurou o xa internacional español en declaracións a Celta Media.
Aspas lembrou ao último canteirán do RC Celta en vestir a camiseta da Selección Española, o ex xogador e capitán céltico Borja Oubiña, e asegurou que para el “é un orgullo poder compararme con toda unha institución deste club como Oubiña” e que, como sempre, vai loitar” por triunfar en ‘La Roja’.