O dianteiro celeste Iago Aspas atendeu aos medios de comunicación este mércores na sala de prensa da Madroa. O galego analizou a situación do equipo, as primeiras semanas de traballo co técnico Miguel Cardoso e falou sobre o próximo rival liga do RC Celta: a SD Huesca (sábado, 13:00, Abanca Balaídos).