Día inesquecible na Madroa. Iago Aspas, lenda celeste, recibiu un caloroso e merecido homenaxe nas instalacións deportivas tras converterse recentemente no máximo goleador do RC Celta en Primeira División.
O canteirán celeste recibiu de mans do presidente do club, Carlos Mouriño, unha camiseta serigrafiada co número 105, os goles que o dianteiro de Moaña anotou coa elástica do RC Celta na máxima categoría do fútbol nacional.
Iago Aspas estivo arroupado por todos os seus compañeiros, corpo técnico e o resto do persoal do staff e agradeceu a todos eles o logro conseguido.