LENDA CELESTE. Con maiúsculas. Iago Aspas volveu asinar unha exhibición futbolística co RC Celta en LaLiga. O canteirán de Moaña axudou a que o equipo gañase ao Alavés grazas a un gol e dúas asistencias no primeiros vinte minutos do encontro.
Aspas é o primeiro xogador de LaLiga que alcanza os 10 goles e as 10 asistencias no que vai de tempada, ademais de ser o líder da competición en pases de gol.