Iago Aspas reivindicouse como máximo goleador nacional ante a Real Sociedad volvendo marcar. O dianteiro celeste anotou desde o punto de penalti o seu decimonoveno tanto da tempada, certificando así a que é o seu mellor rexistro goleador nunha campaña e que converte no mellor artilleiro nacional da Primeira División 2016-17.