aspas_celebracion_triplete_las_palmas_2017_2018.jpg
Primeiro Equipo

Iago Aspas alcanza os 250 partidos co Celta

RC Celta

Iago Aspas é lenda viva do RC Celta. O canteirán sumou onte nas Palmas o seu partido oficial 250 coa camiseta celeste e celebrouno da mellor maneira posible: co brazalete de capitán e estreando a súa conta goleadora nesta tempada con tres goles no mesmo escenario onde a pasada campaña asinou un dobrete. Aspas xa é o sexto máximo goleador da historia céltica con 98 tantos e achégase aos rexistros lendarios de Rogelio (103), Gudelj (111) e Hermidita (113).

A mellor versión do de Moaña chegou ademais nun día moi especial, no que a desgraciada situación vivida en Galicia e outras zonas da Península nos últimos días por causa dos incendios estivo moi presente en todo momento. Nada máis finalizar o partido e antes de falar sobre a súa actuación, o galego dedicou unhas palabras de afecto e apoio aos heroes e vítimas de Galicia, Asturias e Portugal: “Primeiro de nada quería dar moito ánimo á nosa cidade e á nosa xente. Sufrimos moitísimo no día de onte, non nos merecemos isto e que mellor maneira que darlle unha alegría á xente”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas