O lateral do RC Celta Hugo Mallo sofre unha rotura fibrilar no bíceps femoral da súa perna dereita, segundo desvela a ecografía que lle realizaron esta mañá os servizos médicos do club. Trátase dunha rotura de grado I que manterá inactivo ao capitán celeste entre tres e catro semanas.