Primeiro Equipo

Hugo Mallo, operado de maneira satisfactoria da lesión do seu xeonllo

RC Celta

mallo.jpg

O doutor García Cota apuntou no Hospital de Fátima que a cirurxía “saíu ben e sen compliaciones”

 

O lateral do Real Club Celta Hugo Mallo foi operado esta tarde de maneira satisfactoria no Hospital Nuestra Señora de Fátima polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, da rotura do ligamento cruzado anterior e o menisco externo do seu xeonllo esquerdo. O doutor celeste sinalou que “todo saíu ben, sen complicacións”.

 

García Cota precisou que “atopamos o que esperabamos, unha rotura completa do ligamento cruzado anterior e do menisco externo, do que valoraramos a posibilidade de realizar sutura, pero fíxose imposible vendo a localización e as características da lesión, polo que se lle extraeu o anaco de menisco roto”.

 

Engadiu que o xogador celeste atópase ben e animado e reiterou que “foi todo ben e non houbo ningunha complicación na cirurxía”.

 

DECLARACIÓNS COMPLETAS EN CELTA TV

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas