O canteirán Hugo Mallo sumou ante o Athletic Club o seu partido 200 coa camiseta do primeiro equipo celeste. O galego debutou un 29 de agosto de 2009 en partido de Segunda División ante o Numancia, en Balaídos. Desde entón consolidouse no plantel e con tan só 24 anos é un referente da zaga viguesa, ademais dun dos capitáns do equipo.