Primeiro Equipo

Hugo Mallo cumpre 100 partidos en Primeira

RC Celta

mallo100primera

 

O capitán e canteirán celeste Hugo Mallo sumou o pasado domingo no Camp Nou o seu partido número cen en Primeira División, todos eles xogados coa camiseta do RC Celta.

 

O de Marín afronta este ano a súa sétima tempada no primeiro equipo, tres en Segunda División e catro en Primeira, unhas cifras que lle converten no futbolista con máis campañas no Celta ás súas costas de todo o persoal e con tan só 24 anos de idade.

 

Hugo Mallo debutou co primeiro equipo da man de Eusebio Sancristán o 29 de agosto de 2009 nun Celta-Numancia da división de prata. O futbolista galego tiña 18 anos e tería que esperar ata 2012, co Celta xa ascendido, para estrearse na máxima categoría do fútbol español. Foi no partido inaugural da 2012/2013 ante o Málaga CF, en Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas