John Guidetti abandonou o terreo de xogo do Luminus Arena no minuto 40. A razón non foi unha lesión, senón problemas respiratorios derivados dun proceso gripal que obrigaron ao sueco a solicitar o cambio. Claudio Beauvue ocupou o seu lugar sobre o céspede.