Tras unha semana de intensos adestramentos e dous partidos en Inglaterra, o RC Celta traslada a concentración do equipo a Alemaña este venres. Á súa chegada ao país xermano, os celestes realizarán unha sesión vespertina, a última antes de afrontar o encontro amigable ante o Bayer Leverkusen no BayArena (sábado 5, 14:00). Tras a conclusión deste choque a expedición céltica emprenderá a viaxe de regreso a Vigo e gozará dunha xornada de descanso o domingo.
PARTIDOS DE PRETEMPADA
I Trofeo Isidro Silveira
Celta 2-0 Sporting
RC Ferrol 0-3 Sporting
RC Ferrol 0-0 Celta
*Campión RC Celta
Brentford – Celta
2-1
Burnley – Celta
2-2
Bayer Leverkusen – Celta
Sábado 5.8.17
14:00, BayArena
XXII Trofeo Memorial Quinocho
Celta – Udinese
Mércores 9.8.17
19:30, Balaídos
Partido en favor de AFAVI
Celta – Roma
Domingo 13.8.17
19:30, Balaídos
*Horarios locais