gabriel-toro-fernandez-parte-medio-231019.jpg
Primeiro Equipo

Gabriel ‘Toro’ Fernández recibe a alta e estará dispoñible ante a Real Sociedad

RC Celta

Boas noticias no parte médico. O dianteiro uruguaio Gabriel ‘Toro’ Fernández completou o adestramento co grupo este mércores e, á conclusión da sesión, recibiu a alta médica. O charrúa arrastraba unha tenosinovitis no tendón de Aquiles da perna esquerda desde o pasado 18 de outubro, unha lesión da que xa está completamente recuperado.

O adestrador Fran Escribá poderá contar co atacante de cara ao próximo partido de LaLiga ante a Real Sociedad (domingo, 12:00, Abanca Balaídos).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas