Emre Mor: non chega a tempo. Tentouno pero ten unha molestia que lle impide algúns movementos. Esperamos que estea para o partido ante o Leganés.
Baixa de Boufal: manexamos varias situacións. Jozabed, Hjulsager, Pione… Téñoo claro e saberémolo mañá, aínda que manexo a mesma idea de equipo.
Permanencia: non temos nada feito. Oxalá sexa o primeiro que o poida dicir, pero a marxe agora mesmo é mínimo. As sensacións son mellores e o equipo está en condicións de sacar puntos en calquera campo, pero necesitamos seguir sumando. O obxectivo é sacar o maior número de puntos posible e seguiremos competindo até o último minuto do último partido.
Cálculos: non teño nin idea. Está a situación de que quedan 15 puntos por xogar e a nosa ambición debe ser a de sumalos todos.
Partidos a domicilio: estivemos preto en varias ocasións e debemos seguir a liña mostrada nos últimos encontros.
Espanyol: preocúpanme moitas cousas. Corren moi ben, con xente rápida arriba, e xogan moi ben o xogo posicional. Gústame a súa concepción de persoal e os xogadores que teñen.
Borja Iglesias: é un excelente futbolista.
Iago Aspas: cambiámolo nos últimos encontros e non foi para que lle aplaudan, aínda que llo mereza. Cambiámolo porque tiñamos que defendernos e Maxi é mellor no xogo directo.
Valladolid – Girona: os que estamos aí metidos preferimos que os rivais empaten, pero manteño que os puntos que nos van a salvar son os dos nosos partidos.
Vestiario: cando cheguei quixen transmitirlles dúas cousas: confianza neles mesmos e tranquilidade. Desde o principio díxenlles que transmitisen alegría de querer sacar a situación adiante e iso transmitiuse. A comuñón que conseguimos coa afección é moi importante e inflúe nos xogadores, que senten máis apoiados.