Fran Beltrán, novo centrocampista do RC Celta, incorporouse á concentración celeste en Inglaterra na tarde do mércores, a tempo de ver o partido dos vigueses ante o Southampton FC.
Unha vez terminado o encontro amigable, o presidente Carlos Mouriño posou xunto ao talentoso xogador sobre o mesmo céspede do St. Mary’s Stadium.