Fran Beltrán foi o xogador máis votado no Premio do Público de Fútbol Draft, os galardóns da canteira española. O centrocampista celeste recibiu o 26,2% dos votos (24.801 en total), superando a Manu García (25,8% dos votos – 24.469 en total), futbolista do Manchester City que durante a 2018/19 militou cedido no Toulouse.
Ademais de recibir o recoñecemento dos afeccionados, o comité técnico de Fútbol Draft tamén premiou hai unhas semanas a Beltrán incluíndoo no Once de Prata dos mellores novos xogadores do fútbol español.