O centrocampista celeste Fran Beltrán incorporarase mañá luns á concentración da selección Sub-21 para suplir a baixa de Zubeldia, da Real Sociedad. Esta é a primeira vez que o novo futbolista entra nunha lista desta categoría. Anteriormente foi internacional cos conxuntos Sub-17, Sub-18 e Sub-19 da Selección Española. Beltrán coincidirá nesta convocatoria con Iván Villar, porteiro do Celta B e canteirán celeste.