A enfermaría celeste énchese. Aos lesionados Jensen e Lobotka únense Rubén Blanco, Néstor Araujo e Fran Beltrán. O porteiro celeste gardou repouso este luns por unha gastroenterite, mentres que o defensa mexicano e o centrocampista español regresaron das súas seleccións con doenzas de distinta gravidade.
Os servizos médicos do RC Celta diagnosticaron a Araujo unha edema muscular nos isquiotibiais esquerdos. No caso de Beltrán, a lesión podería ser de máis calado que no caso do central: unha posible rotura fibrilar nos isquiotibiais dereitos. Os galenos célticos realizarán ecografías de control a ambos os xogadores nas próximas horas para determinar o grao das súas lesións.