Desde o pasado 21 de novembro, o central celeste Andreu Fontás traballa sen descanso para recuperarse da tendinosis/tenosinovitis que sofre no tendón de aquiles. Ao tratamento diario na Madroa por parte dos servizos médicos e de fisioterapia do club sumouse un dos sistemas terapéuticos máis sofisticados na recuperación de lesións do aparello locomotor, o Tapiz Rodante Anti-Gravidade Alter-G.
A Clínica Arthros, do Doutor Otero Vich, conta con esta excepcional tecnoloxía deseñada pola NASA que utiliza Andreu Fontás para apurar a recuperación da lesión que sufriu a finais de en novembro.
O Tapiz Anti-Gravidade Alter-G permite reducir o peso da persoa entre un 20% e un 80% da súa masa corporal, diminuíndo a forza de impacto das pernas co chan e atenuando considerablemente o sufrimento dos músculos e articulacións situadas por baixo da cintura. Trátase dunha tecnoloxía de última xeración que foi utilizada con éxito na recuperación de lesións de deportistas de elite como Rafa Nadal ou Pau Gasol.
“Fontás está a realizar un tratamento de descarga que comeza cunha cinta rodante na que se crea unha situación de antigravedad de cintura para abaixo que lle permite reducir o peso corporal e por tanto camiñar sen dor, sen esforzo físico aparente, pero rehabilitando a lesión”, explica o doutor Otero Vich.
Precisa que este tratamento “combínase cunha máquina sen carga intermitente, que é unha cápsula na que se consegue un baleiro que favorece a circulación sanguínea a nivel arterial e venoso e iso actúa favorablemente sobre lesión descargando a inflamación”.