Primeiro Equipo

Fontàs, operado en Suecia da súa lesión no tendón de Aquiles

RC Celta

Fonti.jpg

 

O Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, compareceu esta mañá na sala de prensa da Madroa para explicar a situación dos lesionados Fontàs e Nolito. Mentres o andaluz xa traballa con normalidade co grupo e podería recibir o alta médica este mesmo venres, Fontàs foi intervido da súa lesión no tendón de Aquiles esquerdo e a previsión é que non estea dispoñible até a próxima tempada.

 

O central e o galeno céltico estiveron os últimos días en Suecia, onde o especialista en tendón o Dr. Hakan Alfredson concluíu que o tratamento cirúrxico era o máis recomendable: “O Dr. Alfredson estivo de acordo connosco en que a cirurxía era a mellor opción”, asegurou García Cota quen informou de que, aínda que non estaba previsto, a intervención realizouse no país escandinavo: “Ofrecéronnos a posibilidade de realizar alí a operacion e decidiuse que así fóra. Non é unha cirurxía complexa”, explicou.

 

Fontàs iniciará o proceso de rehabilitación este venres. O tempo que estará de baixa é difícil de determinar: “Hai que pensar na tempada que vén. Poderá camiñar pronto con normalidade, non hai ningún tipo de inmovilización, pero evitaremos o traballo de cargas para evitar recaídas. Ata dentro de 2 meses e medio ou 3 meses non correrá. A partir de aí valoraremos as sensacións do xogador”, concluíu Cota.

 

O RC Celta desexa transmitir o seu máximo apoio a Fontàs, así como desexarlle unha total e pronta recuperación. 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas