Su gol ante o Rayo Vallecano foi o primeiro da súa carreira en Primeira División
Andreu Fontàs xa coñece o sabor do gol. O central céltico anotou ante o Rayo o seu primeiro tanto en partido oficial co Real Club Celta, un gol que tamén supón a súa primeira diana en Primeira División. O xogador catalán mostrouse tras o partido moi feliz tanto polo seu debut goleador como polo gran inicio ligueiro asinado polo Celta tras as dúas primeiras xornadas.
O gol do defensor céltico chegou no minuto 88, froito dunha xogada ensaiada. Nolito executou unha falta no lateral da área cun envío raso ao punto de penalti, onde Fontàs rematou de primeiras con acerto.
GOL DE FONTÁS – MINUTO 2:30