O videoxogo FIFA19 de EA Sports incluíu a Iago Aspas no seu equipo ideal da tempada 2018/19 de LaLiga. O dianteiro comparte “vestiario dixital” con outro dezanove futbolistas, entre eles ao galego e ex xogador celeste Borja Iglesias.
Un novo recoñecemento para o xenio de Moaña, que a pesar dunha lesión e a tempada complicada do RC Celta, volveu a asinar unha campaña espectacular.