Primeiro Equipo

Facundo Roncaglia xa é celeste

RC Celta

roncaglia180716a.jpg

 

O defensa Facundo Roncaglia pechou esta tarde a súa fichaxe polo RC Celta tras superar as probas médicas e asinar o seu novo contrato. O internacional arxentino, celeste as próximas catro tempadas, incorporarase este martes aos adestramentos na Madroa.

 

Roncaglia (Chajarí, Entre Ríos, Arxentina, 10 de febreiro de 1987), conta cunha ampla traxectoria na Serie A italiana, unha ducia de partidos disputados coa selección absoluta Arxentina e ademais experiencia na liga española e a Europa League. Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, xogou unha tempada no Espanyol cedido polo conxunto arxentino. Tras un par de campañas no seu país de orixe, en 2012 foi traspasado á Fiorentina para iniciar unha exitosa traxectoria na Serie A italiana, neste club e no Genoa. Disputou ademais un total de 13 encontros da Europa League coa Fiorentina.

 

pruebasroncaglia180716b.jpgpruebasroncaglia180716a.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas