O central celeste Facundo Roncaglia recibiu este venres a alta médica tras adestrar con total normalidade na última sesión antes do derbi galego. O arxentino forma parte da convocatoria para medirse contra o RC Deportivo este sábado ás 18:30 en Balaídos. Non así Radoja, Aspas e Mor, que continúan no parte médico.