Primeiro Equipo

Fabián Orellana renova como xogador celeste ata 2019

RC Celta

firmaorellana1516a.jpg

“Estou moi contento. É un día moi feliz para min”, declarou o futbolista céltico

 


Vídeo en CeltaTV


 

O Real Club Celta pechou a renovación de Fabián Orellana, un paso máis para seguir fortalecendo o proxecto deportivo celeste de face ao futuro. O chileno, un dos futbolistas célticos que máis minutos disputou a pasada campaña, amplía a súa vinculación coa entidade viguesa ata xuño de 2019.

“Estou moi contento. É un día moi feliz para min”, asegurou Orellana que se declara “namorado de Vigo”. O celeste, que se marca como obxectivos persoais “marcar máis goles, dar máis asistencias e recibir menos cartóns amarelos”, espera que os afeccionados “sigan igual de presentes en Balaídos esta tempada”.

Fabián Orellana (Santiago de Chile, 1986) chegou ao Celta como cedido en 2011, contribuíndo con 13 goles e 11 asistencias ao ansiado ascenso a Primeira División. O atacante, un dos xogadores máis queridos polo celtismo, regresou en propiedade en 2013 para volver demostrar o seu sacrificio e entrega pola camiseta celeste.

O Celta continúa traballando para dotar de solidez ao proxecto deportivo da entidade, clave no ilusionante proceso de madurez e crecemento que atravesa o club vigués.

 

firmaorellana1516b.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas