O celeste participará no partido amigable que se disputa en Stuttgart o 5 de marzo ante Alemania
O futbolista celeste Fabián Orellana foi convocado pola selección chilena para disputar un partido amigable ante Alemaña o próximo 5 de marzo na cidade xermana de Stuttgart.
O regreso de Orellana a unha lista internacional confirma o seu gran estado de forma, en consonancia coa boa dinámica do equipo vigués, e premia o seu traballo e boas actuacións coa elástica celeste.
O atacante terá a oportunidade de participar nun partido histórico ante unha das mellores seleccións do planeta, xa que os chilenos non se miden a Alemaña desde antes da unificación do país teutón.