Primeiro Equipo

Excesivo castigo para o Celta no Camp Nou

RC Celta

campnou140216

 

O Celta recibiu un castigo excesivo no Camp Nou tras unha primeira parte espléndida na que Guidetti igualou o tanto inicial, de lanzamento de falta, de Messi. Na segunda metade, con dúas a un abaixo, os vigueses, sempre fieis a si mesmos, puideron empatar nun par de ocasións, pero, esgotados e condicionados polos cartóns, acabaron encaixando unha goleada que non fixo xustiza ao partido dos célticos.

 

O Celta, valente e fiel a si mesmo, tivo a súa primeira ocasión aos 5 minutos cunha boa xogada na frontal e remate lixeiramente desviado de Señé. O Barcelona achegouse, tras perda na saída de balón, aos 15 minutos con remate de Neymar e gran parada de Sergio. O equipo celeste mostraba unha gran concentración e seriedade en defensa, pero algo de nerviosismo á hora de construír.

 

Aos 24 minutos, gran ocasión para os céticos, gran xogada de Wass e remate final de Planas que despexa con apuros. Espléndida oportunidade tras un roubo de balón adiantado, que define a este equipo.

 

Pouco despois, aos 27 minutos, o Barcelona adiantouse nun lanzamento de falta de Messi. Bravo volveu salvar ao cadro local pouco despois cun remate espectacular de Beauvue de volea tras cambio de xogo de Guidetti.

 

O empeño celeste, o seu descaro e ambición, tivo premio aos 37 minutos cun penalti claro de Jordi Alba a Guidetti. A pena máxima lanzouna con convicción o sueco e empatou o partido. Máis que merecido.

 

Tras o descanso, o pau salvou ao Celta no arranque. O Barcelona empuxaba con forza e os celestes non tiñan ademais fortuna cando lograban saír. Guidetti íase de Piqué, último defensor, e este desviou o chapeu do sueco coa man. Non houbo sanción? Sergio salvou cun paradón un remate de Iniesta. Sufrían os celestes.

 

Aos 13 minutos, Luís Suárez adiantou ao cadro local tras un gran pase de Messi. O Barcelona cobraba de novo vantaxe e púñalle as cousas moi complicadas a un Celta canso e cargado de cartóns en defensa.

 

O Celta puido empatar aos 23 minutos cun remate elevado de Wass tras unha brillante xogada en ataque. Os vigueses estaban vivos e non renunciaban a nada. Bravo detivo pouco despois un bo remate de Wass tras un jugadón de Jonny.

 

E xusto despois, Luís Suárez empuxou á rede un remate desde a liña de fondo de Neymar. Pau para os celestes, que estaban de novo buscando o empate con decisión e bo xogo. O árbitro sinalou penalti de Jonny a Messi aos 35 minutos. O arxentino lanzou o curto cara a Luís Suárez e este marcou a pracer­.

 

E chegou o quinto aos 39 minutos e o sexto no desconto co Celta un tanto incrédulo por unha goleada inmerecida.

 

6-FC Barcelona: Bravo, Alves (Vidal, min.60), Piqué, Mascherano, Jordi Alba, Sergi Roberto (Rakitic, min.60), Busquets, Iniesta (Arda Turan, min.77), Messi, Suárez e Neymar

 

1-RC Celta: Sergio, Jonny, Hugo Mallo, Cabral, Planas, Radoja, Wass 8Pape Cheikh, min.83), Pablo Hernández (Marcelo Díaz, min.65), Beauvue, Señé e Guidetti (Drazic, min.76)

 

Goles: 1-0, min.27: Messi; 1-1, min.39: Guidetti; 2-1, min.59: Luis Suárez; 3-1, min.75: Luis Suárez; 4-1, min.80: Luis Suárez; 5-1, min.85: Rakitic; 6-1, min.90: Neymar

 

Árbitro: Hernández Hernández, do comité de Las Palmas. Amonestó a Cabral, Planas, Hugo Mallo, Señé

 

Campo: Camp Nou

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas