Primeiro Equipo

Épica remontada do Celta na Copa do Rei

RC Celta

 celta-almeria.jpg

Os celestes baleiráronse na procura do pase, lográrono na prórroga e mediranse ao Real Madrid en oitavos

 

O Celta conseguiu o pase aos oitavos de final da Copa nun partido completo, pleno de garra e entrega. Park achegou o éxito e Roberto Lago, no desconto, forzou a prórroga. No minuto 109 de partido De Lucas anotou o terceiro tanto e certificou o pase, máis que merecido, do Celta, que se medirá ao Real Madrid.

 

Frenético comezo, co Almería envorcado en ataque nos instantes iniciais e un Celta que respondía con firmeza. Augusto rematou de chilena desde a frontal e atrapou Diego García na primeira chegada celeste. O ritmo era enorme, sen tregua, cun ida e volta constante.

 

Augusto pido anotar o primeiro aos 10 minutos tras unha xogada espectacular iniciada por Krohn-Dehli, pero David García acertou a tapar co pé o remate do arxentino.

 

O Celta xa se fixo co control do partido e as chegadas do Almería, numerosas no comezo, diluíronse. A meta visitante volveu intervir con acerto aos 38 minutos. Krohn-Dehli lanzo unha falta na frontal á que ninguén chegou e Diego García logrou desviar no último instante.

 

Os vigueses tiveron ocasións para adiantarse, pero o descanso chegou cun empate sen goles que deixaba a eliminatoria moi complicada.

 

Tras a continuación, con Joan Tomás por Bermejo, o Celta saíu completamente envorcado sobre a portaría rival en busca dunha remontada extremadamente difícil. O Almería había reculado de maneira clara e dedicaba todos os seus esforzos a defender un resultado cómodo ao seu favor.

 

Non puideron, ao nove minutos, cun roubo de Augusto e un bo centro que Park cabeceou de maneira espléndida á rede á rede. A remontada estaba máis preto. Os celestes mantiveron o empuxe, cunha gran fe, nos seguintes minutos, aínda que os andaluces acumulaban moita xente atrás e dificultaban a fabricación de ocasións. Ademais, buscaban con certo perigo as contras.

 

Hugo Mallo puido empatar a eliminatoria aos 20 minutos cun remate franco que o metra rival desviou de maneira afortunada. O lateral recibira na área un gran pase de Krohn-Dehli. Pouco despois, gran centro de Iago Aspas e cabezazo de Augusto que Diego García desviou de maneira prodixiosa.

 

O Celta realizou un enorme desgaste en busca do tanto que devolvese a igualdade á rolda de Copa, tivo presenza constante na área do Almería, tentouno sen desmaio… pero non acertou. No último minuto, o heroe do Almería, Diego García, tapou un remate de socato de Iago Aspas. Foi a penúltima: No desconto, saque de esquina, prolonga Oubiña e Roberto Lago remata á escuadra. A eliminatoria estaba empatada.

 

Na prórroga volveu o ida e volta, pero sempre con maior perigo na área do Almería. Non houbo ocasións claras na primeira metade. No tramo definitivo, pase maxistral de Iago Aspas a De Lucas, quen recorta ao porteiro e anota o terceiro tanto celeste. Era o minuto 109 de partido. E dous despois, Toni estrelou o coiro no traveseiro.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

3-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Túñez, Roberto Lago, Krohn-Dehli (Toni, min.85), Oubiña, Augusto (De Lucas, min.85), Mario Bermejo (Joan Tomás, min.46), Park e Iago Aspas

 

0-U.D. Almería: Diego García, Verza, Marcelo Silva, Trujllo, Gunino, Raúl García,   Casquero, Abel (Aleix, min.61), Jonathan, Aarón (Charles, min.67) e Ulloa (Soriano, min.80)

 

Goles: 1-0; min.654: Ju Young Park; 2-0, min.90: Roberto Lago; 3-0, min.109: De Lucas

 

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amonestó  a Toni, Aarón, Casquero, Jonathan

 

Campo: Balaídos. 10.541 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do ex xogador celeste Juan Francisco 

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas