Emre Mor exercitouse con normalidade este venres na Madroa e xa ten a alta médica. O atacante celeste padecía unha faringoamigdalitis que lle impediu adestrar na xornada de onte. No parte médico continúan aparecendo Lobotka e Mathias Jensen, a quen onte se lle realizou un control ecográfico que revelou que a cicatrización da súa lesión aínda non é completa.