Emre Mor xa é celeste. O internacional turco, unha das grandes promesas do fútbol europeo, vestirá a camiseta do RC Celta por 5 tempadas. Tras selar o seu contrato na sede social do club, o mozo atacante falou por primeira vez como céltico en Celta Media: “Espero que xoguemos un bo fútbol e que poida axudar ao equipo coa miña técnica”, asegurou Mor, sabedor do fútbol vistoso que caracterizou ao Celta nas últimas tempadas. O dianteiro, apaixonado da liga española, aspira a “facer goles, asistencias e gañar o maior número de partidos posible” no Celta.