O RC Celta empatou en Getafe (0-0) nun partido no que mostrou a súa melloría defensiva. O equipo de Óscar García mantivo a orde durante os 90 minutos e conseguiu un punto moi traballado.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade, pero foi o Getafe o que se achegou máis á portaría contraria. Rubén evitou o gol local cunha sensacional intervención a un disparo de Arambarri. O RC Celta, pola súa banda, tentou aproveitar algunha contra para porse en vantaxe
A segunda metade seguiu a mesma dinámica. O equipo celeste defendíase ben dos ataques do conxunto madrileño e buscaba os balóns en longo a través de Smolov para crear perigo. A 15 minutos do final, o colexiado perdoou a segunda amarela a Damián Suárez tras unha entrada a destempo sobre Santi Mina.
FICHA TÉCNICA
0 – Getafe: Soria, Nyom, Etxeita, Djené, Damián Suárez (Cábaco, min 83), Maksimovic, Arambarri, Cucurella, Etebo (Kenedy), Mata y Molina (Ángel, min 60)
0 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Araújo, Olaza, Okay, Bradaric, Rafinha (Brais, min 62), Smolov (Toro Fernández, min 69) y Santi Mina (Sisto, min 89)
Árbitro: Sánchez Martínez (Murcia). Amoestou a Cucurella, Maksimovic, Arambarri (vermella), Damián (Getafe) e a Araujo, Hugo Mallo, Rubén, Smolov, Toro (RC Celta)
Campo: Coliseum Alfonso Pérez