Primeiro Equipo

Empate ante o Fulham para pechar a mini xira inglesa (2-2)

RC Celta

O RC Celta despediuse de Inglaterra cun empate 2-2 ante o Fulham FC en Craven Cottage. O cadro local adiantouse nada máis comezar o partido cun tanto de Mitrovic. O empate celeste chegou pouco despois, cun tanto de cabeza de Dennis Eckert.

Antes do descanso, os londinienses golpearon de novo co 2-1 e o RC Celta volveu reaccionar igualando o marcador. Cabral cabeceou ao fondo da rede a saque de falta, a dous minutos do tempo morto.

Unha das noticias do partido foi o debut como celeste de Fran Beltrán, última fichaxe do club vigués ata o momento, que foi titular e xogou ata o minuto 62.

FICHA TÉCNICA

2-FULHAM: Fabri, Sessegson, McDonald, Mitrovic, Cairney, Ream, Schürrle, Le Marchand, Cyrus, Seri, Kamara.

2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Araujo, Juncà, Lobotka, Beltrán, Iago Aspas, Dennis, Sisto. Tamén xogaron: Emre Mor, Costas, Jozabed, Brais, Hjulsager, Beauvue, Mazán, Kevin, Ros.

Goles: Mitrovic (1-0, min.3); Dennis (1-1, min.7); Kamara (2-1, min.18); Cabral (2-2, min.43).

Campo: Craven Cottage.

Fotos: Fulham FC.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas