O futbolista serbio presentouse este luns como xogador celeste no Estadio de Balaídos
Deixan Drazic xa exerce como futbolista céltico. O internacional Sub-20 serbio presentouse esta tarde no estadio de Balaídos, un acto no que o vicepresidente Ricardo Barros deu a benvida ao xogador en nome do club vigués.
Antes das primeiras palabras de Drazic ante os medios e a afección, o director deportivo Miguel Torrecilla destacou que se trata de “un xogador de futuro” que “adáptase a calquera posición por detrás do dianteiro”. O novo atacante celeste iniciou a súa intervención encomiando o estilo futbolístico do equipo: “Non me custou vir a Vigo. Gústame a filosofía de xogo do Celta”.
Preguntado pola súa posición no terreo de xogo, Drazic apuntou que “xoguei máis en banda esquerda, pero tamén na dereita e polo centro”. Ademais asegurou que a súa forma física “é boa para empezar a axudar xa ao equipo”. Drazic coñeceu esta mañá na Madroa aos seus novos compañeiros, de quen destacou o “recibimento impresionante” que lle dispensaron: “Fixéronme sentir coma se levase meses aquí”.
Deixan Drazic, celeste o próximas cinco tempadas, atendeu aos numerosos afeccionados que acudiron ao estadio, celtistas que tiveron a oportunidade de fotografarse co xogador e facerse cos seus primeiros autógrafos como celeste.