Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Dous golazos e un penalti parado marcan o retorno do RC Celta á vitoria (0-2) - RC Celta
ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Dous golazos e un penalti parado marcan o retorno do RC Celta á vitoria (0-2)

RC Celta

E por fin chegou. O RC Celta sumou a súa primeira vitoria ante o Levante nun partido no que foi de menos a máis. Iago Aspas abriu o marcador, Dituro mantivo a vantaxe celeste cunha parada sobresaliente de penalti e Brais Méndez certificou o triunfo cun tanto marabilloso para gozar repetido unha e outra vez.

Un primeiro tempo con practicamente nulo perigo por parte de ambos os equipos. A mellor ocasión para o Celta estivo en botas de Iago Aspas, quen recibiu un bo balón dentro da área levantina tras unha sobresaliente presión de Fran Beltrán sobre o defensa rival. Aspas tardou en armar a perna, tempo suficiente para que a defensa local impedise o remate do dianteiro celeste.

Coudet realizou os primeiros cambios no descanso. Nolito e Denis Suárez entraron por Tapia e Cervi. Nos primeiros compases do segundo tempo o Levante tivo a máis clara do encontro até o momento. Roger Martí rematou a apenas tres metros da liña de gol, pero o seu disparo marchouse por encima do traveseiro, moi desviado.

O perdón do Levante tivo serias consecuencias. No minuto 66, tras un grave erro na saída do balón por parte do cadro local, o RC Celta montou unha contra letal finalizada pola zurda de Iago Aspas ao primeiro toque, con absoluta calidade.

Non está habituado o conxunto vigués a ter calma e tampouco ía ser esta a ocasión. Apenas uns minutos despois, o colexiado sinalaba unha suposta man de Aspas dentro da área céltica e o VAR confirmou a decisión. Un porteiro en estado de graza nas penas máximas apareceu para manter a vantaxe dos de Coudet. Paradón de Dituro, que suma o seu terceiro penalti parado nesta tempada.

A primeira vitoria do RC Celta nesta tempada redondeouse cun fantástico gol de Brais Méndez, unha exhibición da maxia que atesoura o canteirán nas súas botas.

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Galán, Tapia (Nolito, min.46), Beltrán, Brais Méndez (Okay, min.88), Cervi (Denis Suárez, min.46), Iago Aspas (Carlos Domínguez, min.77), Santi Mina.

2 – LEVANTE UD: Cárdenas, Franquesa, Róber (De Frutos, min.71), Radoja (Melero, min.71), Pepelu (Vukcevic, min.73), Roger Martí, Morales, Mustafi, Vezo, Miramón (Cantero, min.87), Martínez (Dani Gómez, min.73).

Goles: Iago Aspas (0-1, min.66), Brais Méndez (0-2, min.85).

Árbitro: Figueria Vázquez, do comité andaluz. Amonestou a Roger Martí, Miramón, De Frutos (Levante), Tapia, Iago Aspas (RC Celta).

Campo: Ciutat de València.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas