O RC Celta sumou un punto ante o pechacancelas en Balaídos. A un primeiro tempo sen ocasións e no que, se alguén dominou, foi o Málaga, seguiu unha segunda parte na que os de Unzué foron de menos a máis e terminaron merecendo a vitoria. Iago Aspas tivo varias ocasións, a máis clara a pase de Maxi Gómez ao segundo pau onde, totalmente só, rematou fóra. Sergi Gómez enviou un balón á madeira e vinte minutos despois fíxoo o Málaga. O conxunto olívico terminou o encontro dominando e xerando perigo, pero o ansiado gol non chegou. Espertaran demasiado tarde.
Tras o parón de seleccións, o equipo buscará en San Mamés tres puntos que lle permitan seguir na carreira por Europa. Afouteza, corazón, orgullo, tradición e ala Celta!
FICHA TÉCNICA
0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Pablo Hernández, Brais Méndez (Radoja, min.67), Iago Aspas, Sisto (Boyé, min.67), Maxi Gómez.
0-MÁLAGA: Roberto, Rosales, Luis Hernández, Ignasi Miquel, M. Torres. Iturra, Lacen (Recio, min.79), Chory (Lestienne, min.74), Isaac Success (Keko, min.68), D. Rolan, En-Nesyri.
Goles: sen goles.
Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amonestou a Iago Aspas, Hugo Mallo, Jonny (Celta); Rosales, Torres (Málaga).
Campo: Balaídos (17.230 espectadores).
Observacións: Rubén Blanco lesionouse no quecemento e non puido ocupar a portaría celeste. Antes do asubío inicial, a galega Ana Peleteiro, medallista de bronce de triplo salto nos mundiais de pista cuberta, realizou o saque de honra.