Paco Herrera non quere que as baixas no primeiro equipo sexan motivo de “lamentación”
{play}/wp-content/uploads/2017/05/audios/herrera_021112.mp3{/play}
Paco Herrera repasou a situación do primeiro equipo na previa ao partido contra o FC Barcelona, marcada polas baixas por lesión de Natxo Insa e Samuel, e por sanción de Gustavo Cabral. O técnico recoñece que “quedámonos moi xustos con só dous defensas centrais” pero confía no bo papel que poden facer Túñez e Vila no encontro ligueiro de mañá (18:00 horas, Camp Nou).