O defensa central escandinavo, primeiro reforzo invernal do Real Club Celta
Vadim Deminov (Letonia, 1986) foi presentado esta mañá na sala de prensa de A Madroa, tras completar o seu primeiro adestramento co club celeste.
O internacional noruego, acompañado polo vicepresidente Ricardo Barros e o director deportivo Miguel Torrecilla, mostrouse “moi feliz por chegar a un club histórico” e asegurou que quere “facer todo para axudar ao equipo”.
Demidov destacou a calidade dos xogadores celestes, para el un dos atractivos de firmar polo Celta: “nun bo club como este os futbolistas necesitamos competencia. Se non a houbese non sería un gran club”.
O central escandinavo, que chega “físicamente ben”, xa se integrou á disciplina céltica como un máis.