Primeiro Equipo

Dejan Drazic, xuventude e polivalencia para o ataque celeste

RC Celta

dejan-seleccion.jpg

Pendente de superar o recoñecemento médico, o serbio convertirase no cuarto reforzo céltico

 

A falta de que supere o pertinente recoñecemento médico, Dejan Drazic converterase no cuarto reforzo do RC Celta de cara á tempada 2015/2016. O club vigués faise cos servizos dun futbolista polivalente e de enorme proxección que destacou no campionato serbio pola súa calidade e vocación ofensiva.

 

Deixan Drazic naceu o 26 de setembro de 1995 en Sombor, cidade situada na provincia serbia de Voivodina e da que tamén é oriúndo o centrocampista céltico Nemanja Radoja. Drazic formouse nas categorías inferiores do FK Partizan e FK Teleoptik, ambos conxuntos de Belgrado.

 

Tras probarse co Rubin Kazan, Drazic regresou ao seu país e asinou o seu primeiro contrato profesional co OFK Beograd, o club máis antigo da Superliga serbia. Con tan só 17 anos debutou en primeira división en setembro de 2013. En 3 campañas co OFK Beograd, Drazic suma 57 partidos e 9 goles nas súas estatísticas. A pesar de ser destro, o novo futbolista desenvólvese con soltura en distintas posicións do ataque. A súa polivalencia é tan só una das súas virtudes. Hábil, veloz e de gran verticalidade, Dejan Drazic atesoura unha enorme proxección.

 

O serbio foi internacional coas seleccións Sub-19 e Sub-20 do seu país. Unha lesión impediulle optar á convocatoria para o recente Mundial Sub-20 que finalizou con Serbia levantando o trofeo de campión.

 

Fotografía: OFK Beograd

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas