Trala Resonancia Magnética realizada ao lateral zurdo do RC Celta David Juncà, os servizos médicos do club constataron a necesidade de someter ao xogador a unha intervención quirúrxica para solventar a súa lesión no ombreiro dereito. O futbolista será operado este luns no Hospital Fremap de Vigo. O club envíalle unha mensaxe de ánimo e deséxalle unha pronta recuperación.