O central David Costas seguirá sendo celeste ata 2022. O canteirán de 24 anos de idade, ao que restaba unha tempada para finalizar o seu actual contrato co RC Celta, selou esta mañá en A Sede a súa renovación por dúas campañas máis.
Formado na canteira do RC Celta, Costas debutou en partido oficial co primeiro equipo en agosto de 2013. Na última tempada disputou 15 partidos e acumulou máis de 1.000 minutos en Primeira División.
A súa fidelidade ao club e a súa profesionalidade son un exemplo para os mozos de A Madroa e coa súa renovación o RC Celta referenda unha vez máis a súa decidido aposta pola canteira.