Primeiro Equipo

Danijel Pranjic: “non dubidei en vir ao Celta”

RC Celta

presentacion_pranjic.jpg

O internacional croata cheega ao club vigués cedido ata final de tempada e cunha opción de compra

 

CELTA TV: VIDEO DA PRESENTACIÓN

 

Danijel Pranjic (Croacia, 1981) foi presentado esta tarde na sala de prensa do estadio de Balaídos. O futbolista croata estivo acompañado polo conselleiro Antonio Rosendo e o director deportivo Miguel Torrecilla, quen o definiu como un “xogador netamente ofensivo. Adáptase a todas as posicións de mediocampo, tanto en banda como en interior á beira dun pivote defensivo”.

Pranjic asegurou que “cando chegou a oferta do Celta non o dubidei nin un momento”. O internacional croata, que participou en dous finais de Champions co Bayern e en multitude de ocasións coa selección de Croacia, considera que pode “achegar moita experiencia ao equipo. O Celta xoga moi ben e non merece estar nos postos baixos da clasificación”.

O novo xogador céltico chega en boas condicións físicas e a partir de mañá adestrará co grupo, baixo as ordes de Paco Herrera.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas