Primeiro Equipo

Danijel Pranjic, calidade e experiencia para o Real Club Celta

RC Celta

danijel_pranjic_-_firma.jpg

O internaciónal croata será presentado esta tarde a partir das 18.30 horas no estadio de Balaídos

 

O centrocampista Danijel Pranjic converteuse no segundo reforzo do Real Club Celta no mercado invernal. O internacional croata chega cedido polo Sporting de Lisboa e o club celeste dispón dunha opción de compra ao final de tempada. Pranjic atesoura unha longa experiencia no fútbol europeo e un espléndido palmarés, xa que, entre outros logros, formou parte da selección do seu país en numerosas ocasións e foi elixido segundo mellor xogador de Holanda.

 

IMAXES EXCLUSIVAS DE CELTA TV

Pranjic (Croacia, 1981) comezou a despuntar en equipos croatas como o NK Osijek e o Dinamo Zagreb, conxunto co que debutou na Copa da UEFA. En 2005 incorpórase ao Heerenveen holandés, onde xogou catro boas tempadas e participou na consecución do título de Copa 2008-2009.

Desde Holanda dá o salto ao fútbol alemán en 2009 ao fichar polo Bayern Munich, club co que disputou 55 partidos de liga en tres tempadas, ademais de debutar na Champions League. O Bayern pagou polo seu traspaso 8,5 millóns de euros.

En 2012 o Sporting de Lisboa faise cos seus servizos, club do que chega cedido ao Real Club Celta. Como internacional xogou 45 partidos coa selección absoluta de Croacia e participou na UEFA Euro 2008.

Danijel Pranjic será presentado esta tarde ás 18.30 horas na sala de prensa do estadio de Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas