Primeiro Equipo

Daniel Wass: “Atopeime un club con gañas de medrar ao que espero aportar moito”

RC Celta

danielwas01.jpg

Balaídos acolleu esta mañá a presentación do internacional danés, segundo reforzo do RC Celta

 


VÍDEO EN CELTA TV


 

O céspede de Balaídos foi o escenario elixido para a presentación de Daniel Wass como novo xogador celeste. O centrocampista danés mostrouse feliz por chegar ao Celta e con ganas de comezar a traballar. “Atopeime un club de trato familiar, con ganas de crecer e ao que espero achegar moito”, declarou Wass.

 

Carmen Avendaño foi a encargada de dar a benvida ao futbolista en nome do consello de administración. A conselleira desexou a Wass “o maior dos éxitos no Celta, que serán tamén os do celtismo, Vigo e Galicia”. Pola súa banda Miguel Torrecilla, director deportivo, definiu ao internacional danés como “un xogador moi completo que achega goles e que é polivalente, aínda que onde máis cómodo sente é no centro do campo”.

 

danielwass02.jpg

 

Daniel Wass asegurou que “xogar en España é un soño feito realidade”, unha liga que considera “das máis competitivas do mundo”. O xogador nórdico apuntou que o ex xogador céltico Michael Krohn-Dehli convidoulle a coñecer o club e a cidade e, tras a súa visita, convenceuse de sumarse ao proxecto céltico: “atráeme moito que este é un club que aos poucos está a crecer e indo a máis”, declarou. Preguntado pola súa posición preferida no campo, Wass expresou o seu desexo de “achegar ao equipo e crecer como xogador independentemente de onde me sitúe o adestrador”.

 

“Vigo paréceme unha cidade fantástica. Teño moitas ganas de xogar en Balaídos diante da afección”, declarou Wass. O centrocampista arrincará a pretemporada co resto do equipo este luns 6 de xullo ás 10:00h na Madroa.

 

danielwass03.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas