O RC Celta segue remando por conseguir os tres puntos en casa. O Atlético de Madrid imponse en Abanca Balaídos por 0-3 no partido máis disputado da xornada 10.
O encontro comezou cheo de ocasións para os locais, que foron mellores durante boa parte das primeiras rabexadas. Unha vantaxe que se viu truncada tras a expulsión de Iván Villar no minuto 25′. Vermella e pena máxima para o porteiro que Griezmann logrou converter no primeiro e único gol antes do descanso.
Durante os seguintes 45 minutos, un RC Celta irreprochable seguía tentado materializar as súas numerosas chegadas a porta, pero de volta apareceu o dianteiro branquivermello. Un gol, case sen querer, no minuto 64′ que abriu para o francés unha veda pola que terminaría facendo ‘hat-trick’ 20 minutos antes de que o colexiado pitase o final.
A falta de acerto e a desvantaxe de xogar cun menos se viron reflectidas nun desmedido marcador. Os xogadores terán a súa seguinte oportunidade para sumar de tres o vindeiro venres 27 de outubro en Montilivi fronte ao Girona FC.
FICHA TÉCNICA:
0 – RC Celta: Iván Villar; Kevin Vázquez (V. Guaita, min. 28), Unai Núñez, Carl Starfelt, Manu Sánchez; Óscar Mingueza, Luca de la Torre (Carlos Dotor, min. 81), Fran Beltrán (Hugo Sotelo, min. 61); Jonathan Bamba, Iago Aspas (Tasos Douvikas, min. 61) y Strand Larsen (Miguel Rodríguez, min. 81).
3 – Atlético de Madrid: Jan Oblack; C. Azpilicueta, A. Witsel, Mario Hermoso; Marcos Llorente (De Paul, min. 57), Pablo Barrios (N. Molina, min. 46), Koke, Saúl Ñíguez (Ángel Correa, min. 57), Samuel Lino (Riquelme, min. 46); Álvaro Morata y Griezmann (Söyüncü, min. 76).
Goles: 0-1 Griezmann (min. 29); 0-2 Griezmann (min. 64); 0-3 Griezmann (min. 70)
Árbitro: Cuadra Fernández. O colexiado ensinou tarxeta amarela a Óscar Mingueza, Carl Starfelt e Miguel Rodríguez, e vermella directa ao gardameta celeste Iván Villar. Por parte do conxunto branquivermello, foron amoestados Saúl Ñíguez y Riquelme.
Incidencias: Encontro correspondente á décima xornada de La Liga EA Sports disputado no estadio Abanca Balaídos.