Volvío a liga EA Sports e regresou o RC Celta a Abanca Balaídos. Con todo, esta quinta xornada deixa un sabor amargo ao conxunto celeste, que non logrou sumar en Abanca Balaídos ante o RCD Mallorca (0-1).
Tras unha primeira parte na que os locais dominaron o xogo, con pouca presión por parte do conxunto mallorquino, finalmente os equipos chegarían ao tempo de descanso co marcador a táboas.
Durante a segunda parte, vimos a un Celta loitador, insistente e con ganas de regalarlle unha merecida vitoria á afección. Foron varias as ocasións que os celestes tiveron para adiantarse no marcador, como a que tivo Carl Starfelt ao pau no minuto 55 tras un saque de esquina ou o gol, finalmente anulado, de Jonathan Bamba no 71.
O RC Celta estaba envorcado, pero no minuto 85, Muriqi truncaría os soños dos celestes, marcando o único e suficiente gol para a vitoria do conxunto dirixido por Javier Aguirre.
Os de Rafa Benítez, que volven ao traballo mañá, prepararán o próximo encontro ante o FC Barcelona, que se disputará o sábado 23 de setembro ás 18:30 no Estadio Olímpico Lluís Companys.
FICHA TÉCNICA:
0 – RC Celta: Iván Villar; O. Mingueza, Unai Núñez, Carl Starfelt, Carlos Domínguez (Renato Tapia, 89), Mihailo Ristic; Fran Beltrán (Miguel Rodríguez, 89), Luca de la Torre (Hugo Sotelo, 77); Jonathan Bamba, Iago Aspas y Strand Larsen (Tasos Douvikas, 67).
1 – RCD Mallorca: P. Rajkovic; Pablo Maffeo, Martin Valjent, M. Nastasic, Van Der Heyden (G. González, 97), Toni Lato (Jaume Costa, 76); Dani Rodríguez (Antonio Sánchez, 91), Manu Morlanes (Cyle Larin, 76), Samú, Sergi Darder; Muriqi (Amath Ndiaye, 91).
Goles: 0-1 Muriqi (85)
Árbitro: Manuera Montero. O colexiado mostrou tarxeta amarela a Luca da Torre e por parte do RCD Mallorca foron amoestados Matija Nastasic, Dani Rodríguez e Jaume Costa.
Incidencias: Encontro correspondente á quinta xornada de LaLiga EA Sports disputado no estadio Abanca Balaídos.